#PastillasAsXustas: Las 7 reglas, en galego

Jueves, 06 Noviembre 2014 12:18

Tanto la Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo como el Dr. Pablo Vahamonde (médico de AP de A Coruña) nos han mandado al mismo tiempo las 7 reglas para un uso más seguro de los medicamentos traducidos al galego. ¡Gracias a ambos! 

 

#PastillasAsXustas

Porque ti podes implicarte no teu propio coidado e no mellor uso dos medicamentos.

Porque si aprendes estas 7 regras pódelo conseguir.

Ningún medicamento ten risco cero e son comúns os erros e os consumos inadecuados, con efectos adversos para a saúde.

Pero a seguridade dos medicamentos non depende só das autoridades, os profesionais sanitarios ou a industria. Tamén está nas túas mans.

Apúntate a:

www.pastillaslasjustas.org

1. Coñece os medicamentos que tomas
Periodicamente revisa os medicamentos que tomas. Faino xunto co médico, a enfermeira ou o farmacéutico que sexan da túa confianza.

2. Dá unha oportunidade ás opcións non farmacolóxicas
Dá unha oportunidade ás opcións non farmacolóxicas Antes de iniciar un novo tratamento, asegúrate de que non existen alternativas sen pastillas e de que o medicamento é realmente necesario.

3. Medicamentos, os xustos e necesarios
Tan importante para a túa saúde pode ser tomar un medicamento necesario como deixar de tomar os innecesarios.

4. Non hai medicamentos de por vida
Non hai medicamentos de por vida. Un medicamento pode ser adecuado nun momento da túa vida pero máis adiante deixar de selo ou mesmo chegar a ser prexudicial.

5. Os cambios, pouco a pouco
Os cambios, pouco a pouco Se as circunstancias o permiten, ao comezar a tomar varios medicamentos ao mesmo tempo, é preferible que empeces primeiro cun, logo con outro... e coa menor dose posible.

6. Non hai medicamento libre de riscos
Non hai medicamento libre de riscos Se tomas moitos medicamentos ou comezaches a utilizar recentemente algún novo, calquera síntoma diferente que notes pode ser un efecto adverso.

7. O novo non sempre é mellor
O novo non sempre é mellor. Os medicamentos que levan máis tempo no mercado son máis coñecidos e o seu uso adoita ser máis seguro que os novidosos.